Unha trintena de novos contaxios manteñen a tendencia nos casos activos de covid na área sanitaria, con 7 hospitalizados

Por Diego Espiño
A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés conta este mércores 24 de novembro con 270 casos activos de coronavirus, segundo informa o Servizo Galego de Saúde.
Isto supón manter a tendencia á alza con 24 casos máis que o martes tras unha xornada na que o Sergas sumou ás estatísticas 30 novos contaxios e 6 altas epidemiolóxicas de pacientes afectados polo virus.
O incremento non se traduce esta vez na asistencia hospitalaria, con 7 persoas ingresadas (mesmo número que o día anterior) das que 6 atópanse en planta entre o Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (5) e o Hospital do Salnés (1), e unha evoluciona na Unidade de Coidados Intensivos de montecelo.
O resto de 263 persoas contaxiadas evolucionan nos seus domicilios.
Desde o inicio da pandemia superaron o coronavirus 21.362 persoas na área sanitaria pontevedresa, rexistrándose 205 falecementos de pacientes co virus activo.
En canto á realización de probas de detección, o Sergas realizou 446 PCR en Pontevedra e O Salnés na última xornada.
Relacionadas:
-
Os ingresos por covid soben a 9 na área sanitaria e os positivos diarios dispáranse ata os 45
Por Diego Espiño |
-
Persoas vacinadas con Janssen serán citadas para recibir unha dose de reforzo a partir deste xoves 25
Por Redacción |
-
A pandemia mantense á alza con 246 casos activos e 7 hospitalizados na área sanitaria
Por Diego Espiño |
-
A semana iníciase con 225 casos activos de covid na área sanitaria
Por Diego Espiño |
-
Soben a 6 os hospitalizados por covid, co primeiro ingreso en UCI desde o 27 de outubro
Por Diego Espiño |
-
28 contaxios por covid nun día, con 4 hospitalizados na área sanitaria
Por Diego Espiño |