O goberno provincial aproba o convenio para a rehabilitación interior da casa consistorial
Por Oskar Viéitez
A Deputación aprobou este venres o convenio para a rehabilitación interior e mellora da accesibilidade da antiga Casa do Concello, unha actuación valorada en preto de 1,4 millóns de euros dos que a institución provincial achega o 90% (1.225.000 euros) e o Concello asume o 10% restante.
As obras do interior centraranse no primeiro andar do edificio, datado de 1879 e con protección integral no Catálogo do Plan Especial de Protección, Reforma Interior e Conservación Artística do Conxunto Histórico Artístico de Pontevedra (PEPRICA), para destinalo a usos institucionais.
Cos traballos tamén se solucionará o problema de accesibilidade, instalando un ascensor e unha entrada adaptada desde a parte traseira, na entrada orixinal ao inmoble (pola rúa Alhóndiga).
A actuación permitirá, á par que se rehabilita o edificio público, mellorar tanto o patrimonio cultural da provincia como a calidade dos servizos ofrecidos á cidadanía.
O Concello de Pontevedra xa aprobou o inicio do proceso de contratación para a renovación e reforma da Casa Consistorial da Praza de España.
Trátase dun proxectos que máis "ilusión" xera dentro do Goberno municipal por mor do que supón a recuperación dun equipamento destas características e do simbolismo que ten para coa cidade.
Dentro do contrato aparecen recollidas diversas melloras para o mobiliario, o equipamento físico da Casa Consistorial. O Concello entende que, tendo en conta a entidade deste espazo, é preciso conxugar dous factores chave: o deseño e a calidade nos materiais a usar.
O prazo de execución para o proxecto será de 12 meses.
Relacionadas:
-
Unha empresa de Pontevedra e outra de Portugal, man a man na rehabilitación da casa consistorial
Por Redacción |
-
A rehabilitación da casa consistorial interesa a tres empresas
Por Redacción |
-
A reforma da antiga Casa do Concello licitarase nun mes e estará rematada no 2022
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
A casa do concello da Praza de España recuperará a súa función institucional
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |