O goberno local vincula as pintadas contra o alcalde coa 'Enceborroka'
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
A fachada do Liceo Casino foi un dos lugares onde este fin se semana apareceron pintadas contra o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores.
A portavoz do goberno local, Anabel Gulías, vinculou este "vandalismo organizado" co que denomina 'Enceborroka', é dicir, o termo acuñado polo BNG para referirse aos actos de violencia relacionados coas protestas para esixir a continuidade da fábrica de Ence en Lourizán.
Respecto a estas pintadas a portavoz municipal ha sinalado que "curiosamente aparecen nas mesmas datas, co mesmo estilo, coa mesma tinta" e considerou que son "as consecuencias de alentar, de animar o vandalismo organizado, o que nós demos en chamar a Enceborroka".
"Agardemos que nun tempo curto poidan desaparecer estas manifestacións que son bastante desagradables", engadiu Anabel Gulías.
Relacionadas:
-
Rexeitamento municipal á petición de Ence á Xunta de modificar o plan sectorial de incidencia supramunicipal en vigor
Por Redacción |
-
Un traballador de Ence, no xulgado por invasión da Casa do Concello: "Non agredín a ninguén nin somos ningúns delincuentes"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A corporación condena a "violencia" de ENCE e declara o seu presidente "non grato" en Pontevedra
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |