A Policía Local detecta catro condutores que consumiran estupefacientes e seis con exceso de alcohol
Por Redacción
Ao longo desta segunda fin de semana de decembro, a Policía Local de Pontevedra realizaba diversos controis de tráfico para detectar casos de condutores que consumisen alcol e drogas.
Dentro destas actuacións, os axentes tramitaron seis denuncias administrativas por consumo de alcol e catro máis, por consumo de substancias estupefacientes, segundo informan desde a Policía Local.
Tamén instruían dilixencias ao xulgado por presuntos delitos contra a seguridade do trafico en tres casos: un deles por conducir o vehículo cunha taxa superior a 0,65 mg/l, xa que o condutor ofrecía un 0,80 mg/l na proba de alcoholemia; outra se realiza por condución de vehículo de motor sen permiso de conducir; e por último, un caso no que a persoa que conducía o vehículo carecía de todos os puntos no carné de conducir.
Segundo indican desde a Policía Local, estes controis sorpresa de alcol e drogas seguirán a realizarse en próximas datas coincidindo coa chegada das festas do Nadal.