Armadiña organiza un roteiro benéfico pola contorna de Combarro e as Fervenzas do Pereiro
Por Redacción
O domingo 19 de decembro realizarase unha andaina para dar a coñecer e desfrutar o monte da contorna de Combarro.
O roteiro está organizado pola asociación Armadiña e estará conducido polos membros do Museo de Combarro. A saída terá lugar ás 10:00 desde o Fogar Armadiña.
O roteiro ten unha distancia estimada de 8 quilómetros e unha duración de tres horas.
O percorrido transcurrirá polo monte da contorna da vila, pola zona de Outeiro Grande e o Xuviño. Visitarase: Petróglifos do Xuviño, Capela da Renda, Castro da Sividá e as Fervenzas e Muíños do Pereiro. A ruta é circular e rematará na praza da Chousa.
Para inscribirse só é preciso doar un xoguete ou un producto non perecedoiro relacionado co Nadal. Estas doazóns serán entregadas aos servizos sociais do Concello de Poio.
Para participar, as persoas interesadas deberán porse en contacto cos organizadores mediante o email museodecombarro@armadinha.gal ou o teléfono 605 911 497 (Whatsapp ou Telegram).