CCOO convocará novas protestas para forzar a adscrición dos terreos de ENCE ao Porto de Marín
Por Anxo Lourido
Comisiones Obreras ten previsto iniciar unha nova fase de mobilizacións con dous obxectivos: forzar a adscrición dos terreos que ocupa a fábrica de Ence en Lourizán ao Porto de Marín e tamén solidarizarse co traballador da pasteira ao que Fiscalía solicita un ano de prisión despois de golpear o vehículo do alcalde de Pontevedra tras un peche no Concello da capital.
Así o manifestaba Ana Cedeira, presidenta do comité de empresa de oficinas centrais, este martes durante a visita que realizaba á industria con Juana Olmedo, secretaria xeral estatal da FSC-CCOO e coa Amelia Pérez, secretaria xeral do S N. de CCOO. Durante esta visita mantiveron un encontro con delegados do sindicato tanto da fábrica, como de oficinas centrais, empresas auxiliares, sector forestal e porto de Marín.
Amelia Pérez manifestou que o sindicato se manterá a carón do persoal para defender o emprego nesta fábrica e na comarca, asegurando que Galicia non pode perder unha industria máis ante o desmantelamento actual que sofre a comunidade.
A secretaria xeral de S.N de CCOO afirma que se trata dunha "cuestión política" e recoñeceu que están "fartos dos peloteos entre as administracións", que non ofrecen un compromiso serio para que a fábrica permaneza en Lourizán. Insistiu en que cinco mil familias dependen de forma directa ou indirecta da factoría e por iso reclaman un compromiso político para a defensa dos postos de traballo.
Pola súa banda, Juana Olmedo expuxo que Ence é unha empresa que exporta e que permite que o PIB suba cun movemento económico importante. Por este motivo, confirmou que seguirán apoiando ao persoal no que sexa necesario para evitar que as familias pasen a unha "situación de precariedade".
Sobre a posibilidade de iniciar algunha proposta concreta apuntou que "estamos abertos a calquera idea e vendo que alternativas hai a nivel ocupacional e legal. É evidente que hai unha sentenza e veremos como se desenvolve todo o procedemento", explicou a representante da Federación de Servizos á Cidadanía de Comisiones Obreras.
Relacionadas:
-
Cancelan a marcha desde Ence ao Porto de Marín deste venres debido á traxedia do 'Villa de Pitanxo'
Por Redacción |
-
Convocada para o 18 de febreiro a marcha a Marín para pedir a adscrición de Ence á Autoridade Portuaria
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Rexeitamento municipal á petición de Ence á Xunta de modificar o plan sectorial de incidencia supramunicipal en vigor
Por Redacción |
-
Pilar Rojo denuncia a pasividade do Goberno central no estudo da adscrición dos terreos de Lourizán ao Porto de Marín
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Protesta de Ence nas rúas de Pontevedra: "Todos somos Ramiro"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Convocan unha protesta este venres para pedir a Lores a retirada da denuncia contra o traballador de ENCE e unha nova reunión da Mesa
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Protesta diante da Audiencia por considerar inxusta a actuación da Fiscalía contra un traballador de ENCE
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Comisións Obreiras pecha filas co traballador de Ence ao que piden un ano de cárcere polas protestas no Concello
Por Manu Otero |
-
Unha nova protesta de persoal de ENCE corta durante máis dunha hora o tráfico entre Pontevedra e Marín
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
A Autoridade Portuaria pedirá a adscrición dos terreos de Lourizán "con ou sen ENCE" e incluíndo os de Elnosa
Por Oskar Viéitez |
-
Convocan unha protesta pro-Ence para este venres 29 rexeitada pola Coordinadora de Traballadores Auxiliares
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
CCOO recusa a Hugo Morán como interlocutor na Mesa sobre Ence ao temer que quere pechar a fábrica de Lourizán para favorecer a Asturias
Por Anxo Lourido |