Rematada a fase principal de escavación do Gran Montecelo
Por Redacción
A Xunta de Galicia confirmou que a empresa adxudicataria das obras do Gran Montecelo xa rematou a fase principal de escavación. Os traballos, que comezaron en xuño, realizáronse cun sistema que posibilitou a escavación en rocha de gran dureza sen requirir voaduras.
Concretamente, os traballos consistiron cun medio especial de uña con sistema vibrante excéntrico axustado nunha retroexcavadora de 60 toneladas, escavando un total de 200.000 metros cúbicos e máis de 300 zapatas de cimentación en roca de grandes dimensións e minimizando o ruído e malestar nos alrededores.
Estas obras da primeira fase do Hospital Público Gran Montecelo seguen o seu curso e contan cunha achega automómica de máis de 130 millóns de euros. Conxuntamente, o Goberno investirá 155 millóns, xa que a segunda fase de reforma do edificio e a construción do aparcadoiro custarán 25 millóns.
O novo edificio hospitalario conta cunha superficie de 92.000 metros cadrados distribuídos en 10 andares. No edificio dianteiro situarán as consultas externas de hematoloxía, medicina preventiva, cardioloxía ou dixestivo; e outro traseiro para as urxencias, o bloque cirúrxico, a UCI pediátrica ou os laboratorios. Sobre esa zona de basamento elevarán un terceiro bloque que se corresponde co edificio de hospitalización.
Relacionadas:
-
O Gran Montecelo terá un aparcamento de pago e con prezos "asequibles"
Por Oskar Viéitez |
-
As obras do Gran Montecelo entran nunha nova fase: a construción da estrutura
Por Redacción |
-
O Concello urxe á Xunta a posta a disposición dos terreos para acometer as obras da vía perimetral de Montecelo
Por Redacción |
-
En marcha a construción dos búnkeres que albergarán o servizo de radioterapia no Gran Montecelo
Por Redacción |
-
O Gran Montecelo cumpre medio ano de obras
Por Oskar Viéitez |
-
"Esforzo extra" da Deputación con Pontevedra para financiar o novo vial de Montecelo
Por Alejandro Espiño |
-
O Gran Montecelo e o saneamento da ría acaparan o investimento da Xunta en Pontevedra para 2022
Por Alejandro Espiño |
-
O bloque de Urxencias do Gran Montecelo xa deixa ver a súa nova estrutura
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |