Suspendidas as badaladas anticipadas en Meaño para evitar o incremento de contaxios
Por Redacción
Nos últimos días detectouse un incremento de casos activos de covid-19 no Concello de Meaño alcanzando os 43 positivos este 28 de decembro. Ante esta situación o goberno local decidiu suspender algunhas das actividades programadas para a celebración destas festas do Nadal previstas no espazo interior da Casa da Cultura de Dena e tamén o acto das Badaladas anticipadas para recibir o aninovo.
Desta forma, desde o Concello indicábase na mañá deste martes que se suspende o espectáculo infantil 'Bailar non Nadal' deste mércores 29 na Casa da Cultura de Dena e tamén a proxección nese mesmo espazo da película infantil 'Frozen II' prevista para o 4 de decembro.
A estas suspensións únese a anulación das Badaladas anticipadas que se ían a celebrar o 30 de decembro ao aire libre cunha festa aberta ao público.
Pola contra, o goberno local mantén a visita do personaxe do Apalpador este mércores 29 á Praza do Concello a partir das 17.00 horas e tamén a recepción dos Reis Magos de Oriente nun acto previsto ás 12.00 horas na Praza do Concello. Este evento conta coa colaboración da asociación cultural Penaguda e a asociación Cabalgata de Xil e a reserva para asistir, segundo a cartelería do goberno local, debe realizarse a través de woutick.es
O Concello insisten en facer un chamamento á responsabilidade individual e colectiva coa idea de que se cumpran as normas sanitarias, coa utilización da máscara, hixiene das mans e distanciamento social.