Coa morte dunha muller de 95 anos, a área sanitaria pecha o ano con 229 vítimas desde o inicio da pandemia
Por Redacción
A última vítima diagnosticada por coronavirus notificada pola Consellería de Sanidade é unha muller de 95 anos, que falecía este venres 31 de decembro no Hospital Montecelo do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.
A vítima contaba con outras enfermidades previas no seu expediente médico. Con esta morte, a área sanitaria pecha o ano con 229 pacientes falecidos desde que se rexistran os datos de decesos como consecuencia da pandemia. Nos últimos 13 días faleceron 15 pacientes con esta enfermidade. Desde o inicio do plan de continxencia da covid-19 curáronse nos distritos de Pontevedra e O Salnés un total de 23.821 persoas, 134 máis que na xornada anterior.
A Consellería non notificou máis falecementos nesta xornada na comunidade autónoma. Desta forma, Galicia pon fin a 2021 cun total de 2.765 persoas que perderon a vida con esta enfermidade.
Relacionadas:
-
Aumenta a presión hospitalaria polos casos covid: 41 hospitalizados e 10 pacientes na UCI
Por Redacción |
-
Mantense unha liña ascendente mitigada de casos activos con 6.243 pacientes covid na área sanitaria
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido | Creada e actualizada
-
A área sanitaria chega a fin de ano con 5.581 casos de covid-19 tras 724 novos contaxios
Por Alejandro Espiño |
-
Ata 812 pontevedreses deron positivo tras facer unha PCR sen cita na última semana
Por Alejandro Espiño |
-
O TSXG permite á Xunta que prohiba as reunións de non conviventes entre as 03.00 e as 06.00 horas
Por Anxo Lourido |
-
Dous homes, de 66 e 73 anos, novas vítimas mortais con covid en Montecelo
Por Redacción |