Remesa de máscaras infantís e de adultos para un regreso ás aulas seguro no colexio Don Aurelio
Por Redacción
O regreso ás aulas despois do Nadal traerá en Cuntis unha nova colaboración entre o Concello e a comunidade educativa que busca que o curso escolar poida seguir sendo o máis seguro posible para o alumnado e para o profesorado ante a crise sanitaria da covid-19.
O Concello realizará a compra de 3.000 máscaras infantís e 1.100 para adultos para satisfacer as necesidades do CPI Don Aurelio.
O alcalde, Manuel Campos, informou da compra e lembrou que se suma á adquisición de 3.000 máscaras infantís e 1.100 para adultos feita pola ANPA e 8.000 máscaras infantís e 5.000 para adultos feitas polo propio colexio.
Manuel Campos explica que desde o Concello son "conscientes de que o coronavirus está sendo unha lousa moi grande para moitas familias e profesionais", por iso queren colaborar para que o curso escolar se desenvolva coas maiores garantías posibles.
Dende o Concello tamén se deu resposta a outras necesidades de mantemento do propio edificio para garantir as comodidades do alumnado e do profesorado.
Relacionadas:
-
Cuntis merca máis de 9.000 máscaras para a comunidade educativa do CPI Don Aurelio
Por Redacción |
-
A pandemia chegou para revolucionar e acaparar a actividade de Protección Civil de Cuntis
Por Natalia Puga |
-
Cuntis e a ANPA do colexio Don Aurelio mercarán 18.000 máscaras para o inicio do curso
Por Redacción |