Unha muller de 86 años, falecida no Salnés, eleva a 236 as vítimas mortais da pandemia
Por Redacción
A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés sumou unha nova vítima mortal pola pandemia. Nesta ocasión, trátase dunha muller de 86 anos que faleceu no Hospital do Salnés, onde estaba ingresada desde hai días.
Sanidade confirma que a muller tiña patoloxías previas e que a súa morte produciuse onte mércores 12 de xaneiro.
Con ela, son 236 persoas as que perderon a vida durante a pandemia na área sanitaria.
A súa morte súmase a outras tres notificadas por Sanidade este xoves, elevando o total en Galicia a 2.836 os falecidos con coronavirus desde que comezou a pandemia.
Así, faleceron nos últimos días unha muller de 85 anos no hospital de Santiago, unha muller de 86 anos en Povisa (Vigo) e outra muller de 92 anos no hospital de Lugo.
Relacionadas:
-
Nas últimas 24 horas confirmáronse 1.046 novos casos de coronavirus
Por Oskar Viéitez |
-
Fexdega volve ser o centro de vacinación para a poboación arousá a partir deste sábado
Por Redacción |
-
A área sanitaria volve superar os 800 novos positivos diarios de covid-19
Por Natalia Puga |
-
Galicia prorroga a prohibición das reunións de madrugada pero limítaa a xoves, venres e sábado
Por Redacción |