Ferida unha persoa tras bater nos Praceres un autobús contra un turismo
Por Redacción
Unha muller de 84 anos resultou ferida nun accidente rexistrado esta tarde nos Praceres, ao chocar un autobús de transporte público contra un turismo.
O accidente rexistrouse sobre as catro da tarde, segundo informou o 112 Galicia, ao que o propio condutor do autobús advertiulles do suceso.
A vítima era unha das cinco persoas que viaxaban no autobús e foi trasladada por persoal sanitario do 061 a un hospital de Pontevedra.
Ata o lugar do accidente trasladáronse ademais axentes da Garda Civil e da Policía Local, os bombeiros de Pontevedra e efectivos de Protección Civil.