113 empresas pontevedresas facilitaron 317 empregos a persoas vulnerables
Por Redacción
O programa de integración laboral Incorpora da Fundación La Caixa facilitou en Pontevedra 317 postos de traballo a persoas en situación de vulnerabilidade en 2021. Isto foi posible grazas á colaboración de 113 empresas neste proxecto de responsabilidade social.
No total de insercións destacan as 42 de persoas con problemas de saúde mental e emocional, derivados pola pandemia.
Nun ano no que este tipo de trastornos incrementáronse de forma preocupante, ademais de reforzar a integración laboral e o acompañamento a persoas afectadas, o programa impulsou xornadas formativas e prácticas aos técnicos para identificar e abordar con eficacia os problemas mentais e emocionais nos procesos de inserción. En total foron atendidas 124 persoas.
Das 317 insercións, 180 foron de mulleres e 137 de homes. Ademais, 73 foron de persoas con algunha discapacidade, e 244 de persoas en risco ou situación de exclusión.
O programa Incorpora, posto en marcha o 2006, ten como obxectivo que as persoas sexan axentes do seu propio cambio para saír de situacións difíciles, e faio a través do emprego como forma de inserción social.
En Pontevedra, a entidade que desenvolve o programa é Erguete.
Ademais Incorpora leva a cabo unha liña de autoemprego grazas á cal persoas en risco de exclusión social están a participar nunha nova forma de integrarse no mercado laboral. As persoas con actitude e capacidade emprendedoras poden desenvolver un plan de negocio para crear a súa propia empresa, apoiadas nun itinerario personalizado, con formación e acompañamento facilitados polo programa.
Grazas a esta iniciativa, Incorpora atendeu facilitou en 2021 a creación de 30 novas microempresas en Pontevedra.