As 107 primaveras da pontevedresa Asunción Solís
Por Redacción
Non todos os días unha pontevedresa cumpre 107 anos.
Trátase de Asunción Solís Ricoy, que acompañada dos seus seres queridos ha celebrado esta fin de semana tan especial data.
Como afai o Concello cos seus veciños centenarios, o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores achegouse ao domicilio desta pontevedresa para entregarlle un ramo de flores e participar da celebración.
"Estaba como unha rosa! Foi un pracer conversar con ela e coa súa familia, e levarlle o tradicional ramo en nome dos pontevedreses e pontevedresas", sinalou o rexedor tras a visita, que espera repetir dentro un ano.