A Xunta permite modificar o plan especial do centro histórico para reformar os edificios do Museo
Por Redacción
A Xunta de Galicia informou favorablemente a petición realizada polo Concello de Pontevedra para acometer a modificación puntual do Plan Especial de Protección, Reforma Interior e Conservación Artística do Conxunto Histórico-Artístico de Pontevedra (Peprica). Esta autorización permitirá que se adapten os edificios que se atopan pechados ao público do Museo Provincial.
A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural considera que estas intervencións propostas non poñerán en perigo os valores que derivaron na protección destes inmobles e, ademais, considera que ofrecerá unha resposta ás novas necesidades operativas do Museo.
A Xunta autoriza adecuar o ámbito do Peprica para que inclúa a superficie necesaria para crear un equipamento de musealización único que posibilite o aproveitamento dos pazos de García Flórez e de Castro Monteagudo, ademais da planta baixa do edificio Fernández López, o inmoble anexo e os viais de conexión entre ambos sen modificar os usos de superficie.
A decisión da Xunta permite utilizar o subsolo e crear unha conexión baixo terra entre os distintos edificios, tal e como proxecta a Deputación de Pontevedra, titular destes inmobles, que quere comezar as obras de rehabilitación neste 2022.
No documento enviado ao Concello de Pontevedra, a autoridade autonómico lembra que a viabilidade deste proxecto atoparase suxeita á posibilidade de que aparezan restos arqueolóxicos que, pola súa relevancia, poida ser susceptibles de ser conservados in situ ou proceder á súa posta en valor ou a súa musealización.
O Museo de Pontevedra atópase situado nunha zona susceptible de conter restos en toda a súa extensión e conta con medidas protectoras neste sentido recollidas nas propias normas do Peprica, segundo indican desde Patrimonio.
Relacionadas:
-
A finais de 2023 agárdase o inicio da rehabilitación dos edificios históricos do Museo coa inclusión da conexión soterrada
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O PP demanda explicacións sobre os plans para recuperar os edificios históricos do Museo de Pontevedra
Por Oskar Viéitez & Diana Eiras |
-
Asinan o convenio para a cesión dos terreos necesarios para a unión subterránea dos edificios do Museo
Por Manu Otero |
-
Patrimonio informa favorablemente o proxecto básico para reformar os edificios históricos do Museo
Por Oskar Viéitez |
-
A modificación do Peprica para ampliar os edificios do Museo recibe o visto e prace do resto de Administracións
Por Redacción |
-
Os edificios históricos do Museo, en obras a mediados de 2022
Por Alejandro Espiño |
-
A Deputación espera poder iniciar a rehabilitación dos edificios centrais do Museo para mediados de 2022
Por Oskar Viéitez |
-
O Museo rehabilitará os seus edificios históricos pero apraza a conexión subterránea
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Contratan un estudo de patoloxías actualizado dos edificios centrais do Museo
Por Redacción |