Zafarrancho de limpeza na avenida dos Matos, en Ponte Muíños
Por Redacción
A Concellaría de limpeza viaria anuncia que nesta semana limparase a avenida dos Matos, no barrio de Ponte Muiños.
Como vén sendo habitual, a limpeza farase na madrugada e na mañá do xoves.
A zona de estacionamento estará valada dende este mércores pola tarde prohibindo o aparcamento nas horas anteriores aos traballos. Os vehículos que permanezan estacionados serán retirados polo guindastre municipal.
A limpeza farase con máquinas de varrer e limpadoras de auga a presión tanto na beirarrúa como na beiravía e na calzada, polo que a Concellaría solicita a colaboración de todos os veciños e tamén dos condutores para garantir un bo resultado.
Ao mesmo tempo, a Concellería pide desculpas polos inconvenientes que poidan ocasionar estes labores habituais do Concello de Pontevedra.