Rueda visita as novas dependencias da Garda Civil en Vilanova de Arousa
Por Redacción
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, visitou este xoves xunto co alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, o local que acollerá as dependencias da Garda Civil no municipio.
A Xunta colabora co concello asumindo a reforma do local propiedade municipal para adaptalo ao seu novo uso, o que supuxo un investimento de 48.000 euros.
Alfonso Rueda destacou a importancia da colaboración entre as administracións, como neste caso entre a Xunta e o concello, para levar a cabo proxectos que redunden na mellora da calidade de vida e o benestar dos cidadáns reforzando os servizos públicos municipais.
No marco da colaboración co concello de Vilanova de Arousa, o Goberno galego apoia ao municipio no reforzo dun servizo imprescindible para a veciñanza como a seguridade cidadá, tendo en conta ademais que se trata dun concello turístico que na época estival ve incrementada a súa poboación.
O investimento realizado pola Xunta na reforma do local incluíu os traballos de demolición e albañilería coa instalación de alicatados, o revestimento dos falsos teitos ou a división das estancias interiores. Tamén se levaron a cabo tarefas de carpintería e a instalación da iluminación e telecomunicacións, así como o sistema de saneamento e fontanería e a colocación de sanitarios.
Relacionadas:
-
Feijóo fala co alcalde de Vilanova de Arousa da posible construción dun talaso con Fondos Next Generation
Por Redacción |
-
A Garda Civil destinará once axentes ao novo punto de atención de Vilanova, que abrirá mañá e tarde
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Vilanova de Arousa recuperará o posto da Garda Civil no verán
Por Redacción |