Identifican dous homes por varios furtos de licores e roupa
Por Oskar Viéitez
Dous homes de 55 e 40 anos de idade, con domicilio en Pontevedra e con antecedentes policiais, foron identificados pola Policía Nacional como presuntos autores de varios furtos en diferentes establecementos da cidade.
Segundo informaron fontes oficiais da Comisaría Provincial, esta pasada fin de semana foron sorprendidos en dúas ocasións, unha delas cando saían dunha tenda roupa ao tratar de subtraer unha sudadeira e outra, cando entraban noutro establecemento levando varias botellas de licor entre as súas roupas.
Cando os axentes realizaban unha batida para tratar de localizalos observaron como un deles lanzaba algún obxecto ao interior do patio dun centro docente que resultaron ser dous patinetes.
Ademais, o pasado venres os axentes volveron identificalos portando varias botellas de alcol ocultas entre as súas roupas subtraídas en varios supermercados da cidade. A un deles intervéuselle ademais un pantalón pertencente a unha coñecida tenda da zona comercial.
O sábado, os policías localízaronos de novo tras a subtracción dunha botella de whisky nun supermercado.
Relacionadas:
-
Detido un mozo que se vestía de enfermeiro para roubar no hospital
Por Oskar Viéitez |
-
Identificadas tres persoas, unha menor de idade, tras roubar en comercios de Benito Corbal e fuxir en coches de alta gama
Por Redacción |
-
Preocupación polo aumento dos ciberdelitos nunha provincia cada ano máis segura
Por Redacción |