Volve aumentar o número de persoas ingresadas con covid en Montecelo
Por Redacción
Aumenta en cinco persoas o número de pacientes hospitalizados na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, segundo os datos que ofrece diariamente a Consellería de Sanidade. Este xoves 10 de febreiro rexístrase un total de 89 persoas internadas nos centros sanitarios dos distritos de Pontevedra e O Salnés.
5.267 persoas aparecen nas estatísticas da Consellería de Sanidade como infectadas na área sanitaria. Son 20 casos menos que o mércores
Permanecen seis enfermos na Unidade de Coidados Críticos mentres que en planta hai 67 ingresados no Hospital de Montecelo, cinco máis que o mércores; 15 no Hospital do Salnés e 1 no Hospital Quirón Saúde. Non se rexistraron novos falecementos na área, polo que a cifra de decesos desde o inicio da pandemia sitúase en 248 vítimas.
Nas últimas 24 horas detectáronse 445 novos positivos nas probas diagnósticas realizadas.
DATOS EN GALICIA
En canto aos datos que ofrece a Consellería de Sanidade sobre a situación da pandemia en Galicia, este xoves volve rexistrarse un aumento na cifra de novos positivos. O Sergas notifica 4.006 contaxios novos, que son 811 máis que na xornada previa e 1.880 menos que hai unha semana.
O número de casos activos descende lixeiramente situándose en 49.182 pacientes, 194 menos que o mércores. A presión hospitalaria descende ao atoparse 582 persoas con covid en planta, 12 menos que onte; e 47 nas UCI, un menos que hai 24 horas.
Por áreas sanitarias o número de casos activos é o seguinte: Vigo: 11.834 (-327); A Coruña-Cee: 10.738 (-52); Santiago-O Barbanza: 8.819 (-76); Pontevedra-O Salnés: 5.267 (-20); Lugo: 5.030 (-77); Ourense: 4.894 (+103); Ferrol: 2.334 (-11); e sen área sanitaria asignada figuran 266 casos.
Saúde Pública notifica sete falecementos, que elevan o número de mortes en Galicia derivadas da pandemia a 3.015.
Relacionadas:
-
Os tres hospitais da área atenden 97 pacientes con covid-19 entre os 5.212 casos activos
Por Alejandro Espiño |
-
Galicia xa alcanza os 3.008 falecementos de pacientes con covid, cunha nova morte na área sanitaria
Por Redacción |
-
Na área sanitaria só hai un paciente ingresado na UCI con infección activa por COVID
Por Oskar Viéitez |
-
Aumentan os novos contaxios en Galicia e certifícase outro falecemento con covid na área sanitaria
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |