Aprobados 3,5 millóns de euros do Plan Concellos en recursos que beneficiarán a 21 municipios da provincia
Por Oskar Viéitez
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, deu conta dos asuntos abordados este venres na Xunta de Goberno, entre os que destacou a aprobación de máis de 3,5 millóns de euros do Plan Concellos 2022-2023 en recursos que beneficiarán a 21 municipios da provincia.
Entre elas figuran cinco axudas para sufragar a achega municipal dos proxectos do Plan de Reactivación ReacPon, e outras 18 axudas destinadas á xeración de emprego e que permitirán a contratación de 320 persoas.
O goberno provincial tamén aprobou as bases das subvencións a clubs deportivos da provincia de Pontevedra que participen con algún equipo en competicións oficiais de ámbito estatal cun orzamento de 800.000 euros.
Nesta comparecencia de prensa, Carmela Silva tamén anunciou que a Deputación de Pontevedra mobiliza 1,2 millóns de euros para impulsar diferentes iniciativas no ámbito social, como son as Axudas Básicas de Emerxencia para 51 concellos de menos de 20.000 habitantes e as subvencións para entidades con actuación neste ámbito social.
Ademais, foi aprobado o expediente de contratación para retomar "Depo en Marcha", un programa que favorece o envellecemento activo e que beneficia a asociacións de persoas maiores, xubiladas e pensionistas con 130 talleres con 25 prazas cada un.
Por último, Carmela Silva expresou a súa alegría polos bos resultados obtidos nos cursos de español para persoas inmigrantes nos que o 95,4% dos participantes obtivo o diploma DELE A2, un documento indispensable para obter a nacionalidade española.
Relacionadas:
-
A Deputación quere "encher de Rosalía a nosa provincia"
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación axudará aos concellos a adaptar as súas ordenanzas e implantar taxas que graven a xeración de residuos
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O TSXG condena á Xunta a realizar obras de conservación no Pazo de Lourizán
Por Oskar Viéitez |