A camelia xa loce na Casa Grande da Finca de Briz
Por Redacción
A Casa Grande da Finca de Briz de Marín acolle durante toda esta fin de semana a V Mostra da Camelia, unha ocasión para gozar desta flor que florece no inverno e nestes momentos, en febreiro, atópase no seu máximo esplendor.
O evento conta tamén cunha exposición pictórica de Julia Barreiro, unha acuarelista que preparou traballos con flores que se mimetizan co ambiente da cita.
A mostra inaugurouse este sábado e estará aberto durante toda a fin de semana. Este domingo, o horario será de 11.00 a 14.00 horas pola mañá e de 16.30 a 20.00 horas pola tarde.
Relacionadas:
-
A 'raíña floral' das Rías Baixas amosa todo o seu esplendor en Pontevedra
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
"O noso planeta", unha exposición que xunta a beleza do mundo co clamor pola sostibilidade
Por Oskar Viéitez |
-
As pinturas de Rosa Crespo reabren a sala de exposicións do Palacete das Mendoza
Por Redacción |
-
As camelias do pintor Álex Vázquez enchen de cor o Manuel Torres ata o 23 de febreiro
Por Redacción |