A Casa Azul acollerá uns 'coffee breaks' para persoas con discapacidade auditiva e xordocegas
Por Redacción
Co motivo de retomar as súas activiades presenciais, a asociación de diversidade sensorial XOGA convidará á cidadanía a participar en 'coffee breaks' especialmente para persoas xordas, con discapacidade auditiva e xordocegas e para familiares, amigos, profesionais e estudantes de lingua de signos.
A iniciativa desenvolverase na Sala Valdecorvos da Casa Azul o primeiro e terceiro xoves de cada mes a excepción dos festivos. Será en horario de 11:00 a 13:00 horas.
O concelleiro de Benestar Social, Marcos Rey, explicou que nestes 'coffee breaks' "abordaranse cuestións de todo tipo, desde actividades impulsadas por XOGA e por outras administracións accesibles e cursos de habilidades sociais ata andainas, charlas, talleres de risoterapia, propostas, conversas...".
Cada día haberá unha sorpresa distinta, nun espazo para persoas con discapacidade auditiva, familiares e amigos que teñan ganas de tomar un descansiño, charlar e compartir ideas", sinalou o edil do PSOE.
Todas as persoas que queiran participar deberán inscribirse previamente a través do whatsapp 698 147 917. A organización adoptará tódalas medidas establecidas polas autoridades en cada momento na prevención da covid-19.
Relacionadas:
-
Avanzan a programación do Día das Linguas de Signos reclamando mudar "inclusión" por "equidade"
Por Diana Eiras & María José Pita |
-
A Deputación colabora con XOGA para o servizo de intérpretes de lingua de signos na provincia
Por Redacción |
-
Instalan bucles magnéticos nas dependencias municipais para as persoas con diversidade sensorial
Por Redacción & Mónica Patxot |