O Ganapán desta fin de semana será o máis reposteiro
Por Redacción
Os talleres deseñados por O Ganapán, o programa de lecer infantil impulsado no Mercado de Abastos pola Concellería de Promoción Económica e Turismo, seguen a satisfacer os desexos dos rapaces máis larpeiros. Así, os obradoiros previstos no Espazo Gastro inclúen a elaboración de esponxosos biscoitos 'nube de queixo', o sábado 19 de febreiro, e a preparación dunhas irresistibles napolitanas de chocolate ideais para merendar na casa, o domingo 20 de febreiro.
Estes talleres culinarios complementaranse cos do Espazo Crea, nos que os nenos participantes terán ocasión de confeccionar unhas simpáticas eirugas (sábado 19) e un boneco inchable elaborado cunha luva con ollos, que desinchará e inchará soprando por unha palliña (domingo 20).
Tanto os obradoiros de cociña como os de manualidades están destinados a rapaces de 4 a 10 anos e desenvolveranse en dúas sesións, ás 11:00 e ás 12:30 horas.
Todos aqueles nenos que desexen participar deberán inscribirse previamente a través do email oganapan@gmail.com ata as 16:00 horas do día anterior ao de celebración das actividades. Recoméndase portar friameira para levar a casa as receitas cociñadas.
Relacionadas:
-
A Pascua chega con programación especial ao Ganapán
Por Redacción |
-
O Ganapán regresa ao Mercado polo Entroido
Por Redacción |
-
O Ganapán regresa a fin de semana con manualidades e receitas doces
Por Redacción |
-
Oferta de propostas gastronómicas e creativas no Ganapán do mercado antes de regresar ao cole
Por Redacción |
-
Maratón de talleres culinarios e creativos para público infantil no Mercado durante esta ponte
Por Redacción |