Sanxenxo pon en marcha un operativo de limpeza especial no seus principais núcleos
Por Redacción
Prazas, beirarrúas e outros espazos públicos están a ser obxecto dunha profunda limpeza que se estenderá durante as próximas semanas polos principais recunchos de Sanxenxo.
Cada ano a concesionaria de limpeza realiza esta posta a punto do municipio cun tratamento preventivo que permitirá eliminar non só a sucidade senón tamén o verdín xerado nas zonas máis sombrías. Neste operativo especial inclúese a limpeza integral das papeleiras tanto interior como exterior que permitirá unha mellor hixiene e conservación das mesmas.
Os traballos concentraranse nos centros urbanos de Sanxenxo, Portonovo, Vilalonga e A Revolta durante un prazo estimado mes e medio. Na lista inclúense as rúas e zonas máis transitadas que requiren unha maior atención.
En Sanxenxo, centrarase na Rúa de Madrid, Constitución, Cesteiros, Viña da Fonte, Augusto González Besada, San Isidro, Praza de Portugal, Paseo de Silgar, Rúa Vidal Rocha, Rúa Ourense e Rúa dos Quinteiros.
En Portonovo actuarase en Rafael Picó, Rúa da Mariña, Areal, Méndez Núñez, Santa Catalina, Reina Vitoria, Caneliñas, Avenida de Pontevedra, Rúa Ourense e A Perla. En Vilalonga, centrarase na Avenida do Cruceiro e Rúa Vilar. Tamén está previsto actuar no centro urbano da Revolta.
Os traballos realízanse mediante furgón, cun depósito GRG e hidrolimpadora a presión, previo pulverizado de clorito nas zonas de verdín. En espazos sensibles non se aplicará limpeza a presión coa hidrolimpadora, pero se se pulverizará ou se aplicará o clorito e/ou herbicida para eliminar o verdín e as malas herbas.
Agora traballa un equipo de dúas persoas que está previsto que se duplique nas próximas semanas para deixar a punto o municipio para Semana Santa