Destínanse 15.500 euros na incorporación de dúas novas máquinas para o mantemento de parques e xardíns
Os parques e xardíns de Pontevedra van camiño de mellorar o seu aspecto. Para facelo, o Concello destinou uns 15.500 euros na dotación de mellores condicións laborais e ferramentas ao equipo de servizo municipal das zonas verdes. Trátase da compra de dúas maquinarias: unha aspiradora de follas de 12.500 euros e unha máquina desherbadora de 3.000.
Este xoves 24 no Parque das Palmeiras realizouse a estrea de ambos instrumentos por parte de Iván Puentes, concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural; Manuel Fontán, xefe de Parques e Xardíns; e Pablo Loureiro, representante comercial de Baygar, a empresa subministradora.
De acordo coa información aportada, a aspiradora de follas é un avance fronte ás antigas sopradoras, que precisaban dun traballo máis manual entre o soplo, amontoamento e carga das follas nun remolque. Coa renovación, unha única máquina será suficiente para aspirar follas, maleza e incluso grava miúda solta e logo emborcala no contenedor de forma directa.
Esta optimización do servizo, tanto en tempo como calidade, permite resolver un dos maiores problemas no outono segundo o concelleiro: a acumulación das follas en determinadas zonas da cidade, que se pode tratar coa mangueira de cinco metros adaptable sobre camións volquete e ideal para desenvolver os traballos de mantemento intensivo das zonas verdes, así como a limpeza de rúas e estradas.
En canto á desherbadora, o adxunto de Baygar comentou que é unha ferramenta de traballo indispensable para unha conservación efectiva e segura no aspecto de eliminación de malas herbas ou brotes que poden nacer nos bordos das beirarrúas.
Esta maleza antes tiña que arrancarse de forma manual ou con herbicidas. Coa actualización evítase o emprego de produtos químicos e aporta seguridade grazas ao faldón incorporado para previr impactos. A diferenza das habituais rozadoiras de man, é traballo para unha soa persoa e non é necesario delimitar a zona. Ademais, o cepillo empregado é de polipropileno, polo que se protexe o pavimento de erosións.
Ambas máquinas son sinxelas de manexar e funcionan cun motor de catro tempos. Ao tratarse de pura mecánica, como apunta Loureiro, redúcense considerablemente os gastos de mantemento.
O concelleiro de Desenvolvemento Sostible asegura que, coas últimas incorporacións xunto ao concurso de Parques e Xardíns, "as zonas verdes da cidade ao longo deste ano 2022 gañarán en seguridade pero sobre todo en mantemento e nunha mellora importante da súa presenza, en especial do disfrute e do ocio dos veciños e veciñas".