O Grove reforzará o seu cadro laboral con 19 novos traballadores
Por Redacción
Unha achega de case 178.000 euros por parte do Plan Concellos da Deputación permitirá ao Concello do Grove afrontar a contratación de 19 persoas desempregadas que, ao longo dos próximos meses, reforzarán diversos servizos municipais.
Estas contratacións corresponderán a catro peóns de obras públicas, tres peóns forestais, dous peóns de xardinería, dous condutores, dous auxiliares administrativos, dous axudantes de museo, un peón de limpeza, un albanel, un peón albanel e un peón carpinteiro.
Todos serán contratos por seis meses a xornada completa, excepto os auxiliares administrativos que estarán ligados á administración municipal durante cinco meses.
As ofertas tramitaranse a través da oficina do Servizo Público de Emprego.
As persoas contratadas encargaranse da execución de diversas obras e servizos de recuperación de zonas degradadas, de traballos recuperación do mobiliario urbano, dos espazos forestais ou da mellora no servizos administrativos e culturais e museísticos.
O obxectivo é que todos os recursos municipais do Grove estean preparados para o verán.