Unha muller resulta ferida nun atropelo en Combarro
Por Redacción
O Camiño Real de Combarro foi escenario a última hora da tarde deste xoves dun accidente de circulación, en concreto dun atropelo.
Unha muller resultou ferida no suceso, que tivo lugar ao redor das 19.30 horas da tarde nas inmediacións da igrexa.
Segundo informa a Policía Local de Poio a manobra dun vehículo, a pouca velocidade, foi o desencadenante do accidente.
A vítima tivo que ser atendida no lugar por profesionais do 061, que trasladaron á ferida a un centro hospitalario.