O parque infantil de Saíñas recupera o seu aspecto tras o roubo do céspede
Por Redacción
Despois de que o pasado mes de xaneiro uns descoñecidos roubaran o tapete de céspede sintético do parque infantil de Saíñas, este equipamento xa está de novo en óptimas condicións.
Os traballos de reposición do céspede sintético deste parque, situado na parroquia de San Salvador, xa están rematados.
A mellora foi levada a cabo por operarios municipais, toda vez que o Concello é consciente de que este parque infantil conta cun importante número de usuarios, sendo un dos puntos de encontro de referencia no lugar de Saíñas.
Desde o Concello fan un chamamento á cidadanía para que fagan un uso "responsable e axeitado" das instalacións municipais e recordan que a investigación sobre este roubo está nas mans da Policía Local.