Ángeles Corredoria recoñecida como 'Muller do Ano' en Poio
Por Oskar Viéitez
O vindeiro sábado 5 de marzo, no centro Xaime Illa de Raxó, Mulleres en Igualdade de Poio premiará á patroa Angeles Corrredoira Carballa como "Muller do Ano" neste municipio.
Segundo explica a presidenta de Mulleres en Igualdade de Poio, Maritxe González, ademais do recoñecemento, con este acto "queremos celebrar chegar ata aquí despois de dous anos de pandemia e que supuxeron para todos vivir terribles momentos".
"Necesitamos darlle normalidade ás nosas vidas, comezar a socializarnos e recoñecer o gran potencial que temos no noso Concello", apuntou Maritxe González.
Para Mulleres en Igualdade de Poio "este premio máis que merecido demostra e é un exemplo claro de que a mulleres poden elixir o seu emprego, a súa forma de vida e demostrar con iso que non temos teitos de cristal que só necesitamos vontade para chegar onde nos propoñamos".
Maritxe González subliñou que "necesitamos modelos como nosa premiada para visibilizar ás mulleres nunha sociedade que aínda loita pola igualdade, onde as fendas salariais e de oportunidades seguen presentes".
Con esta e todas as iniciativas levada a cabo por Mulleres en Igualdade de Poio "queremos demostrar que o tecido asociativo é fundamental para un concello e que o seu principal propósito de facer visible e dar protagonismo aos seus veciños e veciñas", explicou Maritxe González.
Relacionadas:
-
O novo Plan de Igualdade de Poio inclúe 45 actuacións a desenvolver en catro anos
Por Oskar Viéitez |
-
O comercio local vai da man do Concello de Cuntis na campaña polo Día da Muller
Por Redacción |
-
'Facendo Camiño pola Igualdade', primeira andaina do ciclo de roteiros polo rural de Caldas
Por Redacción |
-
Co Mes da Muller, volven a Moraña os encontros do Círculo das Mulleres nas parroquias
Por Redacción |