'Facendo Camiño pola Igualdade', primeira andaina do ciclo de roteiros polo rural de Caldas
Por Redacción
O Día Internacional da Muller serve como punto de referencia para a celebración do primeiro roteiro previsto dentro do ciclo de cinco andainas que o Concello de Caldas de Reis organiza durante este ano.
Baixo o título 'Facendo Camiño pola Igualdade', o domingo 13 de marzo desenvolverase esta proposta deportiva cun circuíto circular de dificultade media.
A concelleira de Igualdade, Inés Fuentes; o concelleiro de Deportes, Jacobo Pérez, e o responsable de Naturgaliza, Javier Piñeiro, presentaban este martes as cinco roteiros e explicaban que nesta primeira marcha queren lograr unha importante participación para mostrar o compromiso veciñal de Caldas pola igualdade e contra a violencia de xénero.
Para apuntarse hai que chamar ao teléfono 625.482.636 ou solicitar a inscrición a través do correo electrónico naturgaliz@gmail.com. A cota é de dous euros e a saída está prevista para o día 13 ás 10.00 horas na entrada do auditorio municipal.
Os roteiros destínanse a persoas de diferentes franxas de idade coa intención de que practiquen deporte de maneira entretida e coa posibilidade de adquirir coñecementos culturais sobre as parroquias de Caldas.
A iniciativa tamén quere poñer en valor espazos naturais e rurais do municipio, fomentando o turismo de proximidade.