Os socialistas de Barro, Moraña e Cerdedo-Cotobade renovan as súas executivas
Por Redacción
Dentro do proceso de renovación que emprenderon as agrupacións locais do PSdeG-PSOE en Pontevedra, tras a elección da nova directiva provincial, os socialistas de Barro, Moraña e Cerdedo-Cotobade elixiron aos seus líderes para o próximos catro anos.
En Barro, o actual secretario xeral, José Sanmartín, revalidou o seu cargo despois de que a asemblea local aprobase por unanimidade a única candidatura presentada.
Sanmartín seguirá liderando o grupo socialista de Barro cun equipo renovado que mestura experiencia e mocidade, no que están a ex edil Margarita Canay, Rocío Touriño Reboredo como visecretaria e Francisco José Pérez Vázquez como secretario de organización.
José Luis Abal Couto, Cristina Fandiño, Silvia Sabarís Abal e Tamara Outón completan o organigrama municipal.
Lorena Durán, pola súa banda, será a nova secretaria xeral do PSOE en Cerdedo-Cotobade, que se marca como obxectivo recuperar a Alcaldía do municipio cun proxecto comprometido coa veciñanza e co territorio.
Xunto á máxima responsable local estarán José Antonio Pazos e Regina Sobral, que repiten na secretaría de organización e de administración, respectivamente.
A nova executiva inclúe ademais a Adelaida García, xunto a tres veteranos militantes, Ismael Bouzas, Carmen Caramés e Luís Alonso.
No caso de Moraña, Xoel Souto seguirá á fronte do partido para configurar un equipo que traballe para recuperar para os socialistas o goberno municipal e sacar ao municipio "da atonía e da melancolía" dun PP "cos brazos caídos e sen alento".
O actual secretario, que levaba ano e medio no cargo, incorporará a tres rostros novos: Miryam Porta, Concepción Camiño e Ramón Caldas.
O secretario de organización seguirá sendo Javier Magariños.
Relacionadas:
-
Xoel Souto encabezará a candidatura socialista en Moraña
Por Redacción |
-
Maica Larriba, a figura de consenso para liderar o PSOE en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Manuel Pazos imponse ao ex alcalde Fran Veiga para liderar o PSOE en Marín
Por Redacción |
-
Arranca o segundo mandato de David Regades á fronte da executiva provincial socialista
Por Redacción |