Susto por un incendio nunha polbeira do centro histórico
Por Redacción
Un incendio na cociña, afortunadamente sen consecuencias graves, alertou onte á noite aos clientes dunha coñecida polbeira do centro histórico e os cidadáns que estaban preto.
O lume declarouse sobre as nove e media da noite na grella do establecemento.
As lapas alcanzaron a campá extractora do restaurante, o que provocou unha intensa fumareda que foi advertida por varios particulares.
Os Bombeiros de Pontevedra, tras acordoar a rúa Alhóndiga, procederon á extinción completa do lume, revisaron o estado da cociña e airearon o local.
O suceso xerou unha enorme expectación nas inmediacións do restaurante.