A Audiencia condena dous homes que foron interceptados con cocaína nun control preventivo en Caldas
Por Oskar Viéitez
A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a catro anos e medio e a seis anos e medio de cárcere, respectivamente, a dúas persoas que foron interceptadas con cocaína cando circulaban pola autoestrada AP-9.
Ademais, a un deles impúxolle o pago dunha multa de 83.100 euros e, ao outro, de 166.200.
O tribunal relata na sentenza que o 1 de setembro de 2020 os acusados viaxaban nun vehículo cando foron interceptados pola Garda Civil de Vilagarcía de Arousa, que realizaba un control preventivo de seguridade cidadá, á altura do quilómetro 110 da AP-9, no punto de acceso á peaxe situada no termo municipal de Caldas de Reis.
Na zona dos asentos traseiros do coche, os axentes interceptaron dous paquetes de cocaína, que ía ser destinada á venda polos condenados, segundo o tribunal, quen indica na sentenza que o prezo de venda no mercado ilícito alcanzaría os 83.100 euros.
Relacionadas:
-
O TSXG rebaixa a multa para un home condenado tras ser interceptado con cocaína na AP-9 en Caldas
Por Natalia Puga |
-
A Fiscalía rebaixa a pena a un dos implicados nun transporte de cocaína por colaborar na investigación
Por Oskar Viéitez |
-
Piden ata oito anos e medio de prisión para unha parella á que sorprenderon con dous quilos de coca no coche
Por Oskar Viéitez |