Un terceiro premio da Lotaría Nacional reparte 50.000 euros na administración de Joaquín Costa
Por Anxo Lourido
Caras de felicidade e algún baile de alegría son as estampas que, durante a mañá deste luns 11, se podían apreciar na rúa Joaquín Costa. A administración de Lotaría número 2 repartiu 50.000 euros coa venda de dez décimos do número 12398 do sorteo do sábado da Lotaría Nacional.
Olga Juncal, a responsable da administración número 2, indicaba que "es una serie que tenemos abonada todo el año. La cogimos para un bar que teníamos en la galería, La Cucharita que cerró, y ahora se la ofrecí a la cafetería Chalo. Allí no vendieron todo porque tenemos aquí algún abonado".
María Requena, propietaria da cafetaría Chalo, moi sorrinte, sinalaba que "se vendieron 6 décimos nada más. Nos quedamos con uno por los pelos porque los últimos que vinieron no tenían más dinero y no se llevaron más". Desta forma, chegoulles a sorte e a boa nova xa tivo consecuencias: "nada máis decatarse a xente do barrio xa vendín dúas tiras da de Nadal".
A propietaria da cafetaría sinala que cos 5.000 euros que lle corresponden polo seu décimo vai "tapar los agujeritos pequeños antes de Navidad. Un pellizquito siempre ayuda. Hay mucho que trabajar. Llevamos un año y medio y esto es muy bueno para despegar".
A loteira Olga Juncal mostrábase tamén moi contenta por repartir este premio: "Me encanta porque yo estoy aquí despachando y la gente se está gastando el dinero. Cuando realmente reciben algo para nosotros es una alegría muy grande porque vienen aquí a gastar su dinero. Yo no llevo un duro pero me da igual".
Esta administración xa repartiu importantes premios durante a súa historia: o primeiro premio de Nadal cando estaban situados na rúa Peregrina; dous premios seguidos, o terceiro e o cuarto, noutro Nadal, pleno ao quince, euromillón e o máis recente, o 2 de setembro, cunha quiniela gañadora.