A Biblioteca de Campelo será remodelada e pide unha subvención para renovar o seu equipamento
Por Oskar Viéitez
O Concello de Poio pediu unha subvención para dotar de novo equipamento á Biblioteca Municipal, situada en Campelo.
A concelleira de Cultura e Educación, Raquel Rodríguez (BNG), sinala que a Xunta de Goberno Local aprobou unha solicitude para obter unha achega económica de 23.381 euros a través da liña impulsada pola Consellería de Cultura para a adquisición de fondos que se destinarán á compra de novo mobiliario, ordenadores, equipos de son e material audiovisual.
Raquel Rodríguez indicou que o Concello tamén traballa nun proxecto de rehabilitación integral das dependencias, co obxectivo de "mellorar e garantir a accesibilidade e consolidar a biblioteca como lugar accesible e de convivencia da veciñanza".
A titular de Cultura e Educación fai fincapé na importancia de desenvolver actuacións que axuden a renovar e continuar poñendo en valor a Biblioteca Municipal.