Descenso de hospitalizacións e de casos covid activos en Pontevedra e O Salnés
Por Redacción
Descende en seis pacientes o número de persoas hospitalizadas na área sanitaria de Pontevedra - O Salnés respecto ás cifras ofrecidas pola Consellería de Sanidade o martes. Neste 16 de marzo permanecen ingresados 41 pacientes con coronavirus. 38 atópanse no Hospital Montecelo (-5), 2 no Hospital do Salnés e unha persoa permanece ingresada na Unidade de Coidados Críticos do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, unha menos que onte.
Continúan 2.084 casos activos na área sanitaria, 54 casos menos que o martes. Nas últimas horas realizáronse 234 probas diagnósticas, co resultado de 176 novos contaxios, 18 menos que hai 24 horas.
Non se rexistraron falecidos durante os últimos días, polo que o número de decesos desde o inicio da pandemia mantense en 263 pacientes. Curáronse un total de 58.031 persoas, 229 máis que onte, segundo os datos que ofrece a xerencia da área sanitaria.
DATOS EN GALICIA
Nos datos ofrecidos pola Consellería de Sanidade móstranse 5 novos falecementos en Galicia de persoas coa enfermidade do covid-19 durante as últimas horas. Con estas mortes o número de vítimas ascende a 3.162 persoas.
O número de casos activos na comunidade continúa á alza. Este mércores rexístranse 19.589 positivos, 106 máis que onte. Desta cifra, 386 enfermos están hospitalizados, 8 máis que o martes e mantense o mesmo número de persoas nas unidades de Críticos, un total de 26 pacientes.
Por áreas sanitarias, os casos activos repártense do seguinte modo: A Coruña-Cee: 4.201 (+57); Vigo: 3.497 (+103); Santiago-O Barbanza: 3.116 (+11); Ourense: 2.705 (-97); Lugo: 2.386 (+14); Pontevedra-O Salnés: 2.084 (-54); Ferrol: 1.508 (+63); sen área sanitaria asignada: 92 (+9).
Nas últimas 24 horas rexistrábanse 2.083 novos positivos de coronavirus na comunidade. Trátase de 164 contaxios diarios máis respecto ao martes e 179 máis en relación ao mércores da semana pasada.
Relacionadas:
-
Situación de estabilidade pandémica na área sanitaria con 2.137 casos activos e 43 ingresados
Por Redacción |
-
Continúa a baixada de casos activos na área e permanecen 47 persoas con covid hospitalizadas
Por Redacción |
-
Baixa o número de casos activos e aumentan lixeiramente os hospitalizados con covid-19 na área
Por Redacción |
-
2.326 pacientes manteñen a infección activa de covid-19 na área sanitaria
Por Redacción |