A Aula Mentor de Cuntis comeza a actividade proximamente
Por Redacción
O Concello de Cuntis abrirá próximamente a súa Aula Mentor, un espazo formativo pensado para persoas de calquera idade que teña interese en mellorar a súa cualificación profesional e ampliar as súas posibilidades de acceso ou adaptación ao mercado laboral.
O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, recoñece a importancia de seguir complementando a oferta formativa orientada a todos os niveis para facilitar tanto a adaptación á transformación dixital que están a rexistrar todos os sectores como a que as persoas interesadas en facelo poidan adquirir competencias axeitadas para o exercicio de determinadas profesións.
A Aula Mentor ofrecerá un programa de formación online non regrada, flexible e con titorización personalizada, destinada a maiores de 18 anos.
A través do seu extenso catálogo de cursos clasificados en áreas formativas, entre elas educación, idiomas, dixitalización ou emprendemento, ofrece a oportunidade de ampliar as competencias persoais e profesionais.
Os obxectivos da Aula Mentor céntranse en proporcionar unha alternativa en materia de formación á poboación adulta, cuxo ritmo de aprendizaxe ou dedicación require un sistema totalmente flexible non suxeito nin a horarios nin a prazos.
Os cursos realizaranse de forma online, tendo un tempo de duración flexible. Actualmente o prezo dos cursos é de 24 euros mensuais, sendo a matrícula inicial de dous meses. Ao finalizar o curso realizarase un exame presencial que, unha vez superado, permite a obtención dun certificado de aproveitamento emitido polo Ministerio de Educación.
Poderá visualizarse o catálogo de formación na seguinte ligazón: www.aulamentor.es/cursos-mentor
O custo dos cursos actualmente é de 24 euros mensuais, sendo a matrícula inicial de 2 meses (48 euros) agás nos cursos con certificación de 30 horas ou menos, que terán nese caso a matrícula inicial de 1 mes. Os cursos Cisco teñen unha duración de 5 meses.
Para ter máis información pódese contactar no número 683 147 165.