Ferido un condutor ao caer por un desnivel de cinco metros na estrada de Vigo
Por Redacción
Unha persoa resultou ferida na tarde deste mércores nun accidente rexistrado na estrada N-550 á saída da cidade de Pontevedra, cara Vigo, á altura dos concesionarios de vehículos ubicados na parroquia de Salcedo.
Segundo a información facilitada polo 112, o vehículo envorcou ao caer por un desnivel duns cinco metros.
Un particular alertou ao 112 sobre as 17.00 horas infomando de que había un accidente e o condutor do vehículo precisaba axuda para saír do interior.
Ata ao lugar desprazáronse os bombeiros de Pontevedra, que, ao chegar ao punto, confirmaron que non tiveron que facer uso do material de excarceración.
Os bombeiros si colaboraron co equipo sanitario na evacuación do ferido.
Coa axuda dunha padiola trasladaron á persoa ata o lugar onde os agardaba unha ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
O 112 Galicia tamén solicitou a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e de Protección Civil de Pontevedra.