Ferida unha muller nun accidente de tráfico en Barro
Por Redacción
Unha muller resultou ferida nun accidente de tráfico rexistrado este xoves na N-550 ao seu paso polo municipio de Barro.
Segundo informou o 112 Galicia, ás nove e media da mañá recibiron varias chamadas na central de persoas que alertaban dunha colisión fronto lateral entre dous turismos.
Apuntan estas fontes oficiais que, como consecuencia do impacto, unha muller sufriu lesións graves e necesitou a axuda dos bombeiros para poder saír do vehículo.
Así, os efectivos do Parque comarcal de Bombeiros de Ribadumia colaboraron co equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para rescatar á ferida, que estaba inconsciente.
Ademais, ao lugar do accidente chegaron os axentes da Garda Civil de Tráfico e persoal de mantemento do Ministerio de Fomento para facer fronte ás tarefas de limpeza dos restos do sinistro e o restablecemento das condicións de seguridade.
Relacionadas:
-
Concentración en Barro en repulsa polo homicidio de Jessica Méndez, "vítima do seu acosador"
Por Natalia Puga |
-
Detido por homicidio un condutor por provocar unha colisión frontal na que morreu unha moza en Barro
Por Natalia Puga |
-
Ferido un condutor ao caer por un desnivel de cinco metros na estrada de Vigo
Por Redacción |
-
Un turismo impacta cun pequeno cabalo na PO-551 ao seu paso por Bueu
Por Redacción |
-
Un falecido en Poio tras bater un camión contra un ciclomotor no que ía xunto a súa muller, que está ferida grave
Por Alejandro Espiño |