Ence asegura que "no caso de que a planta continúe operativa" investirá 55 millóns de euros na fábrica de Pontevedra ata 2027
Por Oskar Viéitez
A compañía Ence emitiu un comunicado este venres para "aclarar unha serie de puntos", tras a celebración, onte xoves, dun evento no que interveu o presidente e CEO da compañía, Ignacio Colmenares, para avanzar a estratexia fundamental de Ence para os próximos anos que, segundo recalcan hoxe "prioriza a defensa da prórroga da concesión de biofábrica de Pontevedra".
"A firme aposta de Ence por Pontevedra evidénciase nos investimentos previstos pola compañía para a biofábrica de Lourizán", afirma o comunicado.
En concreto, desde a Dirección de Comunicación de Ence afirman que "as cifras presentadas onte inclúen investimentos de 55 millóns de euros en Ence Pontevedra entre 2022 e 2027, no caso de que a planta continúe operativa".
Desta cantidade, 40 millóns de euros correspóndense con investimentos destinados á "mellora da eficiencia e a excelencia operacional e ambiental", incluídos na modificación do Proxecto Sectorial de Incidencia Supramunicipal ( PSIS) que a empresa está a tramitar. "Esta tramitación, de feito, demostra o compromiso de Ence coa biofábrica de Pontevedra", apuntan.
Os investimentos previstos para o proxecto asturiano de Navia, de 100 millóns de euros, "só levarían a cabo en caso de cesamento da actividade da biofábrica de Pontevedra", tal e como o explicou onte aos analistas e investidores Ignacio Colmenares.
"Se Ence Pontevedra continuase operando, estes investimentos destinaríanse á biofábrica de Lourizán", aseguran.
Relacionadas:
-
Ence prevé unha "importante xeración de caixa" en 2022, mesmo cun "hipotético peche" da fábrica de Lourizán
Por Redacción |
-
Concentración do comité de Ence para reclamar investimentos na fábrica e garantía dos postos de traballo
Por Redacción |
-
Feijóo cre que hai "bastantes posibilidades" de que o Supremo avale manter a ENCE en Pontevedra
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
A estratexia de crecemento de Ence pasa por defender a fábrica de Pontevedra e investir 105 millóns en Asturias
Por Oskar Viéitez |