Un condutor ebrio salta un ceda e provoca un accidente con dúas mulleres feridas
Por Redacción
Un mozo de 21 anos que, segundo a Policía Local, saltou un ceda o paso provocou un accidente de tráfico na rúa Sagasta na que dúas mulleres, que viaxaban noutro coche, resultaron feridas leves.
O accidente produciuse sobre as 7:15 horas deste domingo. O coche que conducía o mozo impactou contra o vehículo o que ían as vítimas, tras non respectar ese sinal.
Tras o sinistro, o condutor marchou do lugar do accidente e foi localizado polos axentes pouco despois. Deu positivo en alcoholemia, 0.45 mg/l, e comprobouse que o seu carné de conducir non estaba vixente.
A Policía Local investiga as circunstancias do accidente, ao entender que se puido producir unha condución temeraria por parte do mozo.
A este respecto, adiantan que unha vez finalizada a investigación instruiranse dilixencias por tres posibles delitos. Imputaránselle os delitos de conducir baixo a influencia de bebidas alcohólicas, facelo sen ter vixencia o seu carné e por condución temeraria con resultado de lesións.