Unha cámara de seguridade delata un veciño de Campelo acusado de condución temeraria
Por Oskar Viéitez
Axentes da Policía Local de Poio propuxo para sanción a un veciño de Campelo por condución temeraria.
Segundo informan fontes oficiais da Policía Local, o pasado 27 de marzo tivo lugar un accidente con fuga na Rúa Anafáns aínda que os axentes puideron finalmente localizar ao condutor.
Trátase dun home de 38 anos de idade, veciño de Campelo, que conducía un Rover de cor verde.
Segundo a Policía Local "este condutor coñece perfectamente a zona e a pasar diso conduce a unha velocidade excesiva moi superior a 20 km por hora que marca a vía" que está nunha zona de preferencia peonil. Ademais o vehículo deixou unha marca do arrastre de pneumáticos duns 8 metros na parte da vía destinada á circulación en sentido contrario.
Os axentes concluíron que este home conduciu de maneira temeraria, accedendo a este tramo de preferencia peonil a velocidade excesiva, "a cal dificilmente lle permitiría deter o vehículo a tempo" en caso de atoparse outro coche de fronte ou cun peón.
Por todo iso, tramítanse dúas denuncias: unha por condución temeraria con 500 euros e retirada de 6 puntos e outra administrativa por non facilitar datos de identidade á Policía estando implicado nun accidente.
E é que o condutor non acudiu ás dependencias da Xefatura da Policía Local e nun primeiro momento negaba os feitos, ata que lle indicaron que fora gravado por unhas cámaras de seguridade. De modo que recoñeceu o feitos e foi proposto para sanción. Ademais reclámanlle os danos producidos, tanto públicos como privados.
Relacionadas:
-
VÍDEO.- Circula en sentido contrario pola avenida de Marín en dirección a Pontevedra
Por Redacción |
-
Vilagarcía subvencionou o bono bus municipal a un total de 75 persoas maiores en 2021
Por Oskar Viéitez |
-
Un transportista portugués que viaxaba de Porto a Caldas quintuplica a taxa de alcol permitida
Por Redacción |
-
Dous feridos ao caer un coche por un terraplén e chocar contra unha árbore
Por Redacción |
-
Un condutor ebrio salta un ceda e provoca un accidente con dúas mulleres feridas
Por Redacción |
-
Un accidente múltiple na recta de Tenorio causa cinco feridos
Por Redacción |