O ciclismo galego rende homenaxe a Magín Froiz, "unha persoa irrepetible"
Como unha persoa "irrepetible". Así lembrou este domingo o mundo do ciclismo ao empresario Magín Froiz. Foi durante a proba da Copa de España de ciclismo feminino, que se celebrou na cidade de Pontevedra.
Antes da proba reina, a da categoría elite e sub23, os organizadores quixeron render unha sentida homenaxe a un home que vinculou o seu nome a un dos equipos máis laureados do ciclismo galego, o Grupo Deportivo Supermercados Froiz.
Foi o director deportivo da escuadra alimenticia, Evaristo Portela, o que representou á familia neste acto, acompañado pola ciclista junior Laura Mira.
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e a deputada provincial Ana Laura Iglesias fixéronlle entrega dun ramo de flores e dunha figura que conmemora o "recordo eterno" do mundo do ciclismo galego a un dos seus principais benefactores.
"Todo o que se lle poida facer ao meu gran amigo será pouco", sinalou Evaristo Portela a PontevedraViva tras esta homenaxe, destacado que "tiven a sorte de coñecelo e sempre me enganchou polos seus valores e polo humano que era".
Aínda que patrocinaba numerosas actividades deportivas "porque entendía que era fundamental para a sociedade", segundo Portela, o seu equipo ciclista era "a súa nena bonita".
Fernández Lores destacou que Magín Froiz "dedicou toda a súa vida" a manter este equipo ciclista, un dos grandes referentes deste deporte en Galicia. "Nunca houbo ningunha actividade na que se negase a colaborar", apuntou.
Sempre demostrou, engadiu o alcalde, "o seu amor polo ciclismo, polo deporte e pola comarca", polo que o seu falecemento foi unha "perda moi grande".
Relacionadas:
-
O Gran Premio Cidade de Pontevedra mantense no calendario da Copa de España Féminas para 2023
Por Redacción |
-
A Volta a Galicia parte este ano desde Poio nunha homenaxe a Magín Froiz
Por Manu Otero |
-
O Supermercados Froiz lucirá o logo de Combarro na súa equipación
Por Redacción |
-
Uxía Soto e Aroa Otero afianzan ao Froiz no liderado do ranking júnior e cadete da Copa Galicia de BTT
Por Redacción |
-
Poio inicia a tramitación para o nomeamento de Magín Froiz como Fillo Adoptivo
Por Redacción |
-
O espírito de superación e deportividade de Magín invade a posta de longo do Supermercados Froiz
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
O Supermercados Froiz afronta un das fins de semana máis esixentes da tempada
Por Redacción |
-
Manuel Rodríguez, do Supermercados Froiz, coróase en Viana do Castelo como o mellor sub 23
Por Redacción |
-
Pontevedra goza coa emoción da Copa de España de ciclismo feminino
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
Dispositivo de tráfico especial con motivo da celebración da Copa de España de Ciclismo Feminino
Por Redacción |
-
O Farto promete "un plantexamento agresivo tentando romper a carreira" na cita da Copa de España na casa
Por Redacción |
-
O ciclismo elite e sub-23 feminino cítase en Pontevedra na segunda proba da Copa de España
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |