Arranca a campaña de limpeza e roza dos camiños do rural en Arealonga
Por Redacción
O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, acudiu este luns até o lugar de Arealonga para comprobar o inicio da campaña de limpeza e roza dos viarios do rural, que todos os anos arranca de cara á época da primavera.
Para a realización destes traballos o Concello de Marín conta cunha brigada de rozas a pé da Fundación Juan XXIII que realizará os traballos nos camiños e viarios de paso estreito aos cales non pode acceder o tractor desbrozador do Concello.
A planificación dos traballos responde a criterios de necesidade, considerando o calendario festivo da localidade, a tempada alta de praias e a prevención de incendios.
Ademais dos traballos de roza manual e dos traballos co tractor municipal, o Concello contrata os traballos de roza mecánica en todos os viarios de titularidade municipal, debido ao crecemento rápido da vexetación na época primaveral e para garantir a seguridade viaria.
Esta liña de traballo facilita o contacto das persoas con discapacidade coa veciñanza de Marín "e axuda a mostrar porta a porta as capacidades deste colectivo".
As zonas divídense do seguinte xeito:
ZONA 1: ABRIL E MAIO: Pedreiras, A Estivada, Arealonga, Pituco, Cañota, Pitanxo, A Laxe, O Carragal, Casal, Bravos, Viñas Brancas, A Raña e Outeiro
ZONA 2: MAIO E XUÑO: Zonas entre a liña de costa e a estrada PO-551, dende a Escola Naval ata a Praia de Lapamán: Portocelo, Barriada de Mogor, O Monte, Raposeiras, Aguete, A Gorita, Montecelo, Loira, Bouzón, Moledo, Teoira e Casás.
ZONA 3: XUÑO E XULLO: Resulle, Lameiro, Cabodevila, O Pazo, Igrexario de Ardán, Picotes, Malvido, Vilaseca, Xuncal, Xermade, O Con, Bexa, Soaxe, Seixo, A Brea, Castro, Porteliña, Cidrás, Aniñada, Sequelo, Sete Espadas, Cruceiro do Vento, Outeiro, Igrexario de Mogor e Bagüín.
ZONA 4: XULLO E AGOSTO: Carballal, Igrexario de San Xulián, Grela, Bouza, Pena, Caeiro, Coirados, A Roza, Vista Alegre, Macenlle, Moreira, Pardavila, Fixón, O Pozo, Cadrelo, O Pereiro, Silvestre, Troncosa, Esperela, Ruanova, Sobreiras, Ameal, Oubiña, Currás, A Torre, Cernello, Igrexario de Santo Tomé de Piñeiro, O Coto, Allariz, Miñán, Candóns e Pastoriza
LIMPEZA DE MONTES: XUÑO, XULLO, AGOSTO E SETEMBRO: Montes do Barrio de Mogor, Monte Pituco, Monte Casal, Cruceiro do Vento, Monte Teixugueiras e Monte Castro da Subidá.
Relacionadas:
-
Comeza a última fase do plan de roza do rural de Marín
Por Redacción |
-
Máis de medio millón de euros para mellorar camiños nas comarcas de Pontevedra e O Morrazo
Por Redacción |
-
Pedreiras avanza na renovación total dos seus servizos coa instalación da rede de saneamento
Por Redacción |
-
O Concello de Marín restaurará o lavadoiro e a fonte de Mogor
Por Redacción |