![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/ddc/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/62447660f3-image0-copia.jpeg)
© Concello de Ponte Caldelas
Cambio de placas no rueiro de Ponte Caldelas
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas iniciaba este mércores a instalación das novas placas do rueiro municipal que sinalizarán todas as rúas do casco urbano que faltaban por nomear.
"Actualízase así o rueiro e sáldase unha débeda con moitas rúas que non contaban con sinalización, como a céntrica Rosalía de Castro, a Rúa Valdarrosa ou a Rúa da Ceña, entre outras", apunta o alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz.
As novas placas están elaboradas nun ton amarelo mostaza, unha das cores oficias do Concello de Ponte Caldelas, e ofrecen un estilo máis moderno e acorde aos novos tempos, segundo destacan fontes municipais.
Nesta xornada, os operarios municipais iniciaron a colocación das placas, un traballo que se completará nos vindeiros días, ao tempo que se procede á retirada dos antigos letreiros.
O alcalde informou de que a sinalización chegará tamén ao rural, onde se instalarán nas máis de 3.000 vivendas unha placa en cor mostaza co escudo do Concello de Ponte Caldelas, o nome do lugar e o número da vivenda.