O Concello iniciará obras no leito dun afluínte do Umia para evitar enchentes
Por Redacción
O delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís, visitou durante a mañá deste mércores 13 a zona na que se acometerán as obras de ampliación e limpeza da canle do río Cañón para que se poidan evitar inundacións na parroquia de San Lourenzo de Meis.
Corres Tourís estivo acompañado polo alcalde de Meis, José Luis Pérez, ademais de polo xefe territorial de Medio, José Luis Díez.
O río Cañón, afluente do Umia conta con varios pasos baixo camiños municipais nesta parroquia que se viron afectados polas obras do nó de Curro e pola execución do parque empresarial de Barro-Meis. Segundo sinalou Cores Tourís, a solución "pasa por proceder á substitución dos condutos existentes por outros máis amplos que admitan os caudais que xorden tras as fortes choivas, evitando desbordamentos". Ademais, está previsto que se leve a cabo a limpeza do río para a retirada do lama e das pedras procedentes das obras das dúas infraestruturas.
Segundo informa a Xunta, xa se conta con todos os permisos definitivos polo que as obras poderán comezar nas próximas semanas. "Se trata dun exemplo de colaboración entre administracións, tanto da autonómica como da local e incluso da Deputación de Pontevedra, xa que traballarán nestas obras persoal contratado no concello grazas á institución provincial", indicou o delegado territorial.
O presuposto dos traballos de substitución das canalizacións e a reposición de servizos ascende a 60.000 euros e os executará o Concello.