A Festa da Raia cambia a primavera polo outono e impulsa un novo formato
Por Redacción
A lonxa de Portonovo deixará de ser o epicentro da Festa da Raia. Esa será a principal novidade da próxima edición deste certame gastronómico que, ademais, estreará datas e pasará a celebrarse no outono.
Así o acordaron o goberno municipal e os hostaleiros de Portonovo nunha reunión convocada para analizar os primeiros detalles da que será a vixésimo quinta edición da Festa da Raia, que se organizará entre finais de setembro e principios de outubro.
Ambas as partes consideran que esta sería unha boa data para fixar a festa de forma definitiva, xa que permitirá alongar a tempada estival e darlle o impulso que necesitaba.
Ante un modelo que, segundo o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, "estaba esgotado", a Festa da Raia confiará nos establecementos de hostalería do municipio para servir os diferentes pratos elaborados con raia, que terán prezos populares e incluirán a bebida.
"Hai que aproveitar o tirón e poñer en valor as potencialidades da hostalería portonovesa", sinalou Martín, que confían en que este novo formato permita ampliar a oferta gastronómica da festa e supoña unha maior dinamización do sector.
Outra dos cambios será que a programación cultural, lúdica e musical vaia máis aló da fin de semana da festa, para contribuír ao ambiente festivo na vila.
Nas próximas semanas, o departamento municipal de Cultura irá perfilando, en colaboración cos colectivos implicados na cita, unha programación coa que se buscará o éxito da festa e un revulsivo para a actividade económica de Portonovo.
Relacionadas:
-
A Festa da Raia encherá de música e animación as rúas no "Portonovo gastronómico"
Por Redacción |
-
O novo evento "Portonovo gastronómico" deixa atrás á Festa da Raia para potenciar o tapeo na vila
Por Redacción |
-
Portonovo exhibe a súa memoria con orgullo nunha exposición de 72 imaxes
Por Redacción |
-
A situación sanitaria obriga a suspender a Festa da Raia de Portonovo
Por Redacción |