Convocados cinco novos permisos de explotación para marisqueo a pé na Confraría de Pontevedra
Por Redacción
A Consellería do Mar convocou cinco novos permisos de explotación para marisqueo a pé na Confraría de Pescadores de Pontevedra.
Segundo explica a Xunta de Galicia, para poder optar a estes postos debe cumprimentarse a pertinente solicitude nun prazo de 15 días hábiles tras a publicación desta convocatoria no taboleiro de anuncios da xefatura territorial e na páxina web da Consellería.
As solicitudes e a documentación acreditativa deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), pero tamén se poderán presentar en papel nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, oficinas de correos ou no resto de lugares indicados na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Unha vez finalizado o prazo de solicitude a Consellería do Mar estudará e fará unha baremación dos candidatos ou candidatas presentadas.
O goberno autonómico asegura que as novas prazas de marisqueo a pé convócanse despois de comprobar a súa viabilidade con informes técnicos e @teniendo en cuenta a sustentabilidade dos recursos nos bancos marisqueiros.