Só catro dos sete presidentes da Deputación de Pontevedra seguen vivos
Por Redacción
Sólo catro dos sete presidentes que tivo a Deputación de Pontevedra no periodo democrático permanecen vivos: Mariano Rajoy (1983-1986), César Mera (1990-1995), Manuel Abeledo (1995-2003) e Rafael Louzán que preside a Corporación Provincial dende o ano 2003. ÿ a reflexión que fai a institución tralo pasamento de Federico Cifuentes.
A Deputación recorda que os outros tres presidentes tres faleceron recentemente: Fernando García del Valle, que fora presidente de 1986 a 1987; José Cuiña Crespo, de 1987 a 1990; e Federico Cifuentes Pérez, presidente entre 1979 e 1983, que será enterrado hoxe no cemiterio de San Vicente do Grove despois de falecer aos 81 anos de idade, en A Coruña.
A conmemoración dos 25 anos de Corporacións Democráticas, que organizara a Deputación de Pontevedra en 2004, foi a única ocasión en que os sete citados presidentes se reuniron conxuntamente. Tratouse dun acto no que tamén participaron todos os deputados provinciais habidos dende o inicio da democracia, una fotografía que, a cada ano que pasa, cobra un maior interese histórico.