Sanxenxo reclama completar o despregamento da fibra óptica en Noalla, Dorrón e Nantes
Por Redacción
Ata oito zonas das parroquias de Noalla, Dorrón e Nantes rexistran nestes momentos notables problemas de cobertura en materia de telecomunicacións. O Concello de Sanxenxo quere poñer fin a esta situación e reclama que se complete nelas o despregamento de fibra óptica.
Así o fan constar nas alegacións que presentou á consulta sobre a identificación das zonas sen cobertura a máis de 30 Mbps, a máis de 100 Mbps e a máis de 300 Mbps para o ano 2022, realizada polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital.
O obxectivo que persegue o goberno local con esta actuación é que se aceleren os trámites e que estas zonas, que non se incluíron aínda nos plans de despregamento, sexan tidas en conta nos próximos plans de infraestruturas de fibra óptica en Sanxenxo.
O Goberno é a única administración con competencias en telecomunicacións e subvenciona aos operadores para facilitar os despregamentos de fibra óptica alí onde non son rendibles.
Ademais, o alcalde, Telmo Martín púxose en contacto coa operadora concesionaria, Telefónica, para axilizar o despregamento de fibra óptica xa aprobado no Plan Único 2021 na zona costeira entre Montalvo e A Lanzada.
Teñen de prazo ata o 31 de decembro de 2023, pero o Concello solicitou á compañía que priorice estes traballos, debido ao peso turístico do enclave.
Doutra banda, o Concello encargou a actualización da información dispoñible sobre novas infraestruturas recentemente instaladas na zona da Lanzada, e informará os negocios de hostalería da zona sobre o procedemento para solicitar os servizos.
Con respecto ás recentes axudas da Xunta de Galicia para conectar negocios illados con fibra óptica, o goberno municipal vai poñer en contacto con posibles receptores das axudas para facilitarlles información para tramitar as solicitudes das mesmas.
Relacionadas:
-
Sanxenxo alega o plan de fibra óptica do Goberno para incluír zonas de Dorrón e Noalla
Por Redacción |
-
Queixas polo atraso no despregamento da fibra óptica previsto en Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |
-
O problema coa fibra óptica en Sanxenxo chega ao Ministerio
Por Redacción |
-
Preocupación entre os veciños de Noalla polo atraso no despregamento de fibra óptica
Por Redacción |
-
Sanxenxo pon en marcha un servizo para informar os veciños do acceso a Internet na contorna da súa vivendas
Por Redacción |
-
Sanxenxo reclama a inclusión de 14 núcleos no plan estatal de extensión da banda ancha
Por Redacción |